Durante a semana estivemos preparando o entroido. O Meco foi pedíndonos cada día un elemento novo,o xoves degustamos doces típicos destas datas, traidos polo alumnado, e o venres disfrazámonos, bailamos e rematamos coa queima do meco
Que ben o pasamos!!!
Aquí deixámosvos unha pequena mostra da festa:
13/2/13
DEGUSTANDO AS SOBREMESAS DE ENTROIDO
O xoves celebrabamos a gran merenda coas sobremesas de entroido que trouxemos da casa . Saímos a merendar ao patio. Degustamos un montón de postres: filloas, orellas, leite fritida... e TODO ESTABA MOI RICO...COMA SEMPRE...
NORABOA A TODOS OS COCIÑEIROS E COCIÑEIRAS, E GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
6/2/13
VISITA AO CENTRO DE DÍA DA TERCEIRA IDADE
Compartirmos xuntos un anaquiño de tempo, no que despois dunha breve presentación por parte de LUIS e PEDRO, comezamos as nosas humildes actuacións.
Eles tamén nos leron un poema sobre a Paz. Entre todos cantamos a canción de Ana Belen “ La muralla”. Para finalizar invitáronnos a tarta da avoa e zume.Que rico!
Nos levámoslle un agasallo feito polos membros do club e eles tamén nos sorprenderon cuns marcapáxinas e cun decálogo para a PAZ para cada un.
Foi unha agradable experiencia que volveremos a REPETIR, sobre todo porque cando marchamos todos os comentarios entre nós foron moi positivos, recordando os seus sorrisos, as súas voces, os bailes que fixeron con algúns deles...
Se queredes saber algo máis desta xornada podedes visitarnos no blog do club de lectura.
NORABOA RAPACES POR POR SER TAN SOLIDARIOS!!
CELEBRANDO O DÍA DA PAZ
Durante esta semana estivemos levando a cabo diferentes actividades para celebra o día da PAZ. A nosa escola convertiuse nunha botica chea de menciñas e pisadas para entre todos conseguir a PAZ.
Saimos todos ao patio para recitar, bailar e cantar reivindicando a necesidade da paz e solidariedade e non só neste día senón no noso día a día.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)