28/3/11

AS PAREDES VÍSTENSE DE POESÍA

Desde o martes 15 de marzo colocaremos tiras de papel , como colas de traxes , estamos colgando os vosos poemas e así poder compartir as vosas creacións . Xa sabemos que algúns aproveitades diferentes momentos para lelos, non só na “ hora de ler “.





13/3/11

BOLBORETAS NO PAPEL

Durante todo o mes de marzo seguiremos falando, lendo e escribindo poesía. Hoxe invitámosvos a disfrutar desta poesía.
Mírase no espello,

con todas as cores

unha bolboreta

que viviu nas flores.

Mírase fermosa

Mírase belida tan chusca tan leve tan chea de vida.

Sobe e baixa e sobe

diante do espello.

El está ben canso

e séntese vello.

E séntese triste ao vela voar. Linda bolboreta, non te mires máis.

(C) Antonio García Teijeiro
Bolboretas no papel


12/3/11

VESTIR AS PAREDES DE POESÍA


Estamos no momento de facer obras agora que a primavera empeza a quentar . Unha reforma fácil e colorista é a que vos propoñemos :

Vestir as paredes de poesías

Desde o martes 15 de marzo colocaremos tiras de papel , como colas de traxes , desde as nosas árbores da ilusión, donde poderedes colgar os vosos poemas e compartir as vosas creacións . E, así teredes un estupendo lugar para disfrutar da vosa “ hora de ler “ nos quince días seguintes.
Antonio García Teijeiro é un dos nosos poetas favoritos, por iso deixóvos este vídeo para que saibades os motivos que lle levaron a escribir poesía. Seguro que cada un de vos tamén descubriredes os vosos motivos.



Boas rimas !

6/3/11

FESTA DE ENTROIDO

Durante estas semanas estivemos preparando o Entroido.Este ano o tema escollido foron os contos.
"Os tres porquiños", "Brancaneves e os sete ananiños", "O soldadiño de chumbo", "O mago Merlín","Carapuchiña Vermella", "Aladín", "O Gato con Botas", "Moby Dyck" e "Academia de piratas", foron os títulos dos libros dos que saíron os personaxes deste entroido.

Aquí tedes unha pequena reportaxe.



SOBREMESAS DE ENTROIDO







O xoves puidemos ir ao cole co noso disfraz favorito e celebrabamos a gran merenda coas sobremesas de entroido que trouxemos da casa.
Foi moi divertido chegar ao cole e ver todos os disfraces . Xa máis tarde, saímos a merendar ao patio. Probamos un montón de postres: filloas, orellas, leite fritida... e COMA SEMPRE... TODO ESTABA MOI RICO.

GRACIAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.